BOPPO Nº 78_CONCELLO DE BAIONA, publica:
CONVOCATORIA DE DÚAS PRAZAS OFICINA DE TURISMO
Aprobadas por Resolución de alcaldía de data 21/05/2021 as Bases da convocatoria para a contratación laboral temporal de dúas prazas de técnicos/as superiores en turismo (ciclo superior de formación profesional): unha praza durante seis meses e outra praza durante catro meses, ao abeiro da subvención da Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento dos custos de dotación de persoal para a realización de tarefas de información
en oficinas de turismo “Info Rias Baixas”, procédese a publicación do anuncio aos efectos de que
os interesados presenten as súas solicitudes no prazo de TRES (3) días hábiles contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio e segundo o establecido nas
bases da convocatoria publicadas integramente na páxina web institucional do Concello www.baiona.gal, no enlace da web á sede electrónica e ao Portal de Transparencia e no Taboleiro de anuncios do Concello.


