Ir o contido principal

BOPPO Nº 74_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA_ BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA O PROXECTO “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL”

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA O PROXECTO “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022/2023 NO MARCO DO PROGRAMA PLAN DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE

O programa a desenvolver pola Deputación de Pontevedra denominado Plan de Fomento da Empregabilidade articúlase en liña cos programas do PRTR de España, e priorizaranse postos en tarefas relacionadas coa transición ecolóxica e a economía verde, a dixitalización de servizos, a cohesión social, así como o desenvolvemento local rural, co obxectivo de intensificar o potencial de crecemento, a creación de emprego e a resiliencia económica e social, así como de acelerar as transicións ecolóxica e dixital.

Así, dentro do citado programa formúlase o proxecto “Primeira Experiencia Profesional”. Nesta liña, iníciase unha nova actuación que ten por obxecto dotar ás persoas mozas desempregadas así como, en xeral, as persoas desempregadas da provincia, mediante un contrato de traballo, dunha primeira experiencia para a adquisición de competencias e habilidades sociais e profesionais – empatía, creatividade, dotes de liderado, capacidade de adaptación, entre outras –, relacionadas coa actitude da persoa traballadora.

As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica (https://sede.depo.gal). Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe). 

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Se o último día é inhábil este prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA