O CONCELLO DE AGOLADA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA CUBRIR AS POSIBLES VACANTES OU BAIXAS NO POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO SECRETARÍA-INTERVENCIÓN.
O sistema de acceso será o de Concurso-Oposición Libre.
As solicitudes (Anexo I) requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA


