Ir o contido principal

BOPPO Nº 6_CONCELLO DE BUEU - CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO/A DE RRHH EN RÉXIME DE INTERINIDADE

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO/A DE RRHH EN RÉXIME DE INTERINIDADE NO CONCELLO DE BUEU.

O posto de traballo ao que corresponde a praza vacante ten as seguintes características:

- Denominación: Técnico/a de Recursos Humanos

- Código catálogo: non consta - Escala: Administración Xeral - Subescala: Técnica - Grupo de pertenza: A2 - Nivel: 23

- Titulación: Estar en posesión ou en condición de obter, antes da finalización do prazo de presentación de instancias,ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias: título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

a) Presentación electrónica preferente. A solicitude de participación no procedemento selectivo realizarase, de forma preferente, por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do concello de Bueu. Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica do concello de Bueu admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

b) Presentación presencial opcional (...) O modelo de solicitude de participación no procedemento selectivo esta a disposición dos interesados nas oficinas administrativas do Rexistro do concello (Planta baixa da Casa Consistorial, rúa Eduardo Vincenti nº8, Bueu, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres), no Taboleiro electrónico de anuncios da sede electrónica do concello de Bueu á que se accede a través da https://bueu.sedelectronica.gal (apartado “INFORMACIÓN XERAL”- Taboleiro de anuncios/sección “Emprego Público”) e na páxina web do concello (https://concellodebueu.gal/).

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra ( BOP)

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA...