Ir o contido principal

BOPPO Nº 63_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - CONVOCATORIA PROCESOS ESTABILIZACIÓN EMPREGO TEMPORAL PARA CUBRIR NECESIDADES DE CARÁCTER ESTRUTURAL E PERMANENTE NOS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS INCLUIDOS NA O.E.P. 2018

BOPPO Nº 63_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, publica:

✅CONVOCATORIA PROCESOS DO PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE CARÁCTER ESTRUTURAL E PERMANENTE NOS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS, INCLUÍDOS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2018.

O número de prazas e dos postos vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

⭐— Unha praza de técnico/a superior en Administración especial, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Unha praza de técnico/a medio/a en organización, encadrada

na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade. ⭐— Unha praza de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Unha praza de técnico/a informático/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Unha praza de informático/a programador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Unha praza de auxiliar técnico/a informático/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Tres prazas de oficial/a de cociña, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Catro prazas de oficial/a de comedor, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Tres prazas de oficial/a telefonista, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Unha praza de operario/a agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Dúas prazas de administrativo de administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1 polo sistema de concurso oposición libre.

⭐— Sete postos de traballo de subalterno/a de oficios varios, clasificados no grupo E, polo sistema de concurso oposición.

✍O prazo para presentar as solicitudes será de VINTE (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto,

e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).