BOPPO Nº 63_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, publica:
CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2018, 2019 E 2020.
O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
— Tres prazas de técnico/a informático/a nivel 3, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertadas no ano 2018).
— Unha praza de programador/a xestión de expedientes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre. 1 Ofertada no ano 2018
— Tres condutores maquinistas, encadrados na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2019).
— Unha praza de oficial/a fontaneiro/a calefactor/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2019).
— Unha praza de oficial/a de comedor, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020), reservada a persoas con discapacidade.
O prazo para presentar as solicitudes será de VINTE (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).


