Ir o contido principal

BOPPO Nº 63_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - CONVOCATORIA CONTRATACIÓN LABORAL DE INTERINIDADE DUN/HA CONSERVADOR/A RESTAURADOR/A VACANTE NA RPT DO MUSEO PROVINCIAL

BOPPO Nº 63_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, publica:

✅CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DE INTERINIDADE DUN OU DUNHA CONSERVADOR/A RESTAURADOR/A, VACANTE NA RPT DE PERSOAL LABORAL FIXO DO MUSEO PROVINCIAL.

👉 Número e características dos postos convocados:

— Un posto de traballo de conservador/a restaurador/a clasificado no grupo A2 O dito posto ten asignada unha retribución bruta de 2.668,51 €/mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

👉Sistema de selección

Establécese o sistema de oposición libre.

⭐ Condicións das persoas aspirantes:

Ademais das condicións sinaladas na base terceira das Bases xerais as persoas aspirantes deberán posuír a licenciatura ou grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, ou estar en condicións de obter a titulación esixida na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

✍Prazo para a presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de DEZ (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).