BOPPO Nº 61_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, anuncia:
CONVOCATORIA PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIADO INTERINO DUN/DUNHA ARQUITECTO/A PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL "PLAN ÁGORA”.
Número e características dos postos convocados
— Un/unha arquitecto/a, encadrada no grupo A1.
Sistema de selección
Establécese o sistema de oposición libre
Condicións das persoas aspirantes:
Ademais das condicións sinaladas na base terceira das Bases xerais as persoas aspirantes deberán posuír a LICENCIATURA ou GRAO en ARQUITECTURA ou estar en condicións de obter a titulación esixida na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”,
dispoñible na Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Prazo para a presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO


