BOPPO Nº 61_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, anuncia:
CONVOCATORIA PARA NOMEAMENTO DE FUNCIONARIADO INTERINO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A AUXILIAR EN MEDIO AMBIENTE, VACANTE NO CADRO DE PERSOAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
Número e características dos postos convocados
— Un/unha técnico/a auxiliar en Medio Ambiente, encadrada no grupo C1, O citado posto ten asignada unha retribución bruta de 2.094,96 €/mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Sistema de selección:
Establécese o sistema de oposición libre
Presentación de solicitudes
1) As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
. Prazo para a presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será de DEZ (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Ademais das condicións sinaladas na Base terceira das xerais, as persoas aspirantes deberán posuír algunha das seguintes titulacións de ciclo superior: técnico/a superior en Xestión Forestal e do Medio Natural, técnico/a superior en Paisaxismo e Medio Rural, técnico/a superior en Educación e Control Ambiental, técnico/a superior en Química e Saúde Ambiental ou estar en condicións de obter algunha das titulacións esixidas na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.


