Ir o contido principal

BOPPO Nº 60_CONCELLO DE TUI - CONVOCATORIAE BASES DE SELECCIÓN UNHA PRAZA AUXILIAR DE ARQUIVO E BIBLIOTECA E TRES PRAZAS OPERARIOS DE OBRAS OFERTA 2019 (OPOSICIÓN LIBRE)

BASES COMÚNS E ESPECÍFICAS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO A DIVERSAS PRAZAS VACANTES DO CONCELLO DE TUI, PROCEDENTES DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2019 CON FORMACIÓN DE LISTAXE DE RESERVA

— Grupo segundo o artigo 76 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do empregado público: C, subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: Auxiliar de arquivo e biblioteca.

— Grupo segundo o artigo 76 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do empregado público: Agrupación profesional. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 3. Denominación: Operarios de obras.

A presentación das solicitudes poderá facerse a través do rexistro electrónico do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal), no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

As instancias dirixiranse ao Excmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Tui, e presentaranse no prazo dos 20 días hábiles a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA