Ir o contido principal

BOPPO Nº 5_CONCELLO DE TOMIÑO - CONVOCATORIA PRAZA INTERINA ARQUITECTA

CONVOCATORIA PARA PROVER POR CONCURSO UNHA BOLSA DE TRABALLO PARA O POSTO DE ARQUITECTO MUNICIPAL, CATEGORÍA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, DO GRUPO A, SUBGRUPO A-1, DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE TOMIÑO PARA CUBRIR INTERINAMENTE A PRAZA EN CASO DE AUSENCIA DO TITULAR.

O texto completo das bases de ambas convocatorias pódense consultar na seguinte ligazón:

https://tomino.sedelectronica.gal/board

Pola presente ábrese un prazo de 10 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño de maneira presencial ou na sede electrónica tomino.sedelectronica.gal ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo elo de conformidade coas bases do procedemento expostas na páxina web do Concello (tomino.gal).

Os demais anuncios destas convocatorias (listas de admitidos, lugar e data das probas, etc.) serán publicados unicamente no taboleiro de anuncios da sede electrónica da paxina web do Concello. https://tomino.sedelectronica.gal/board