Ir o contido principal

BOPPO Nº 59_CONCELLO DE REDONDELA - ANUNCIO DA CONVOCATORIA DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA A COBERTURA DE PRAZAS VACANTES

BOPPO Nº 59_CONCELLO DE REDONDELA, publica:

✅ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2019.

📋As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 50, do 13.3.2015, e as súas rectificacións nos BOPPO núm. 77, do 22.4.2016, e núm. 25, do 8.2.2021, e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO núm. 25, do 8.2.2021.

Persoal funcionario:

– Unha praza de oficial de ambiente (fontaneiro/a), encadrada na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de oficial, grupo C, subgrupo C2, por oposición libre.

– Unha praza de operario/a de obras e servizos, equiparada a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), encadrada na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de operario/a, por oposición libre.