CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2019, 2020, 2021 E 2022 (CL2022F)
Número e características das prazas convocadas:
1.—Sete prazas de técnica/o en educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media e integradas no grupo A2, polo sistema de oposición, quenda libre (1 da oferta 2019, 4 da oferta 2021 e 2 da oferta 2022).
2.—Unha praza de técnica/o en ciencias da información, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1, polo sistema de oposición, quenda libre (oferta 2021).
3.—Seis prazas de técnica/o especialista en educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre (2 da oferta 2020, 2 da oferta 2021 e 2 da oferta 2022, dentro desta última oferta 1 reservada a persoas con discapacidade).
4.—Seis prazas de técnica/o especialista en educación nocturna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre (1 da oferta 2020, 2 da oferta 2021 e 3 da oferta 2022).
5.—Unha praza de técnica/o en protocolo, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre (oferta 2020).
6.—Tres prazas de programador/a de xestión de expedientes, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre (oferta 2019).
7.—Unha praza de oficial/a de control e vixilancia, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre (oferta 2021).
8.—Unha praza de oficial/a costureira/o, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre e reservada a persoa con discapacidade intelectual (oferta 2021).
9.—Tres prazas de oficial/a de cociña, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo C2, polo sistema de oposición libre (oferta 2021).
10.—Dúas prazas de operaria/o de servizos varios, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo E, polo sistema de oposición libre (oferta 2021).
11.—Dúas prazas de operaria/o agrícola, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo E, polo sistema de oposición libre (oferta 2021).
12.—Tres prazas de auxiliar de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo C2.
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado “217.424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).


