Ir o contido principal

BOPPO Nº 48_CONCELLO DE REDONDELA - CONVOCATORIA BOLSA DE TRABALLO ADMINISTRATIVOS/AS

BOPPO Nº 48_CONCELLO DE REDONDELA, publica:

✅ANUNCIO DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE ADMINISTRATIVOS/AS NO CONCELLO DE REDONDELA

A alcaldesa ditou a Resolución núm.: 2021-0510, con data de 01/03/2021, pola que aprobou a bases que rexerán a bolsa de traballo de carácter temporal de ADMINISTRATIVOS/AS (Persoal Funcionario), mediante concurso-oposición libre.

As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no rexistro xeral do concello, na sede electrónica ou páxina web do concello (www.redondela.gal) e será dirixida á Alcaldía, con independencia de que se admitirá calquera outro modelo no que consten os datos da persoa solicitante, DNI, domicilio, teléfono/s de contacto e correo electrónico.

✍O prazo de presentación de instancias será de 10 días HÁBILES, a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

📋As bases publicaranse integramente na sede electrónica, na páxina web (www.redondela.gal, no apartado de emprego público, persoal laboral temporal) e no taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.