Ir o contido principal

BOPPO Nº 48_CONCELLO DE PONTEAREAS - BASES E CONVOCATORIA PRAZA VACANTE TRABALLADORA/DOR SOCIAL + REAPERTURA PROCESO SELECTIVO LISTAS SUBSTITUCIÓNS AUXILIAR ADMINISTRATIVO

BASES PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DE UNHA PRAZA VACANTE DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, CLASE TÉCNICA, GRUPO A, SUBGRUPO A2, DE TRABALLADORA/O SOCIAL MEDIANTE QUENDA LIBRE, INCLUÍDA NA OEP DO ANO 2019 DO CONCELLO DE PONTEAREAS.

As solicitudes para tomar parte no proceso presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ponteareas, en horario de atención ao público (de 09:00 h. a 13:00 h.), e no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no B.O.E. Igualmente, as devanditas solicitudes tamén se poderán presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

REAPERTURA DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DE LISTAS DE SUBSTITUCIÓN, CATEGORÍA AUXILIAR ADMINISTRATIVO

Con data 17 de febreiro de 2022 aprobouse mediante Decreto núm. 2022-0313, a reapertura da convocatoria para presentar instancias no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin da confección dunha nova listaxe de reserva para para nomeamentos como funcionarios interinos e contratacións laborais temporais na categoría de Auxiliar Administrativo no Concello de Ponteareas, segundo o establecido na Disposición Adicional Segunda das Bases Específicas aprobadas por Decreto 2018-1116 de 03/05/2018.

As bases están publicadas íntegras no taboleiro electrónico do Concello de Ponteareas e na páxina web www.ponteareas.gal, apartado de Oferta de Emprego Público.

SE ESTADES INTERESADAS OU INTERESADOS, PODEDES PREMER NAS LIGAZÓNS QUE SE XUNTAN PARA AMPLIAR A INFORMACIÓN.