Ir o contido principal

BOPPO Nº 40_CONCELLO DE LALIN - CONVOCA PROCESO DE SELECCIÓN DE VARIAS PRAZAS (TRABALLADORA/DOR SOCIAL; TÉCNICA/O INTEGRACIÓN SOCIAL; MESTRE EDUCACIÓN PRIMARIA)

ANUNCIO CONVOCATORIA:

CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN, POR CONCURSO OPOSICIÓN, DE UN/UNHA TRABALLADOR/A SOCIAL, UN/UNHA TÉCNICO DE INTEGRACIÓN SOCIAL E UN/UNHA MESTRE DE EDUCACIÓN PRIMARIA, COMO FUNCIONARIOS INTERINOS POR PROGRAMA, PARA O SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS MIGRACIÓNS.

Mediante Resolución da Alcaldía do día 10 de febreiro de 2022, aprobáranse as bases reguladoras do proceso de selección, por concurso de oposición, de un/unha Traballador/a Social, un/unha Técnico de Integración Social e un/unha Mestre de Educación Primaria, como funcionarios interinos por programa, para levar a cabo o SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS MIGRACIÓNS.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin. sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello de Lalín, e na web municipal (www. lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.