O BOPPO nº 34 publica
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES DE ADMINISTRATIVO/A E AUXILIAR NO CONCELLO DE PONTEVEDRA INCLUÍDAS NA AMPLIACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2020.
O sistema de selección dos aspirantes será o de oposición ou concurso-oposición, segundo se dispoña nas bases específicas que rexan a convocatoria.
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Pontevedra, seguindo as indicacións
do procedemento correspondente establecido no catálogo de procedementos (http://sede.pontevedra.gal/.../catalog/catalog-index.xhtml).
As instancias dirixiranse ao Excmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Pontevedra, e presentaranse no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.


