Ir o contido principal

BOPPO Nº 34_CONCELLO DE O GROVE - PROCESO SELECTIVO PSICÓLOGO/A CLÍNICO/A UAD

NOVA CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PSICÓLOGO/A CLÍNICO/A DA UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

Por Resolución da Alcaldía- Decreto nº 2021-0128 de data 10/02/2021 modifícanse as bases do proceso selectivo para a formación dunha bolsa para nomear como funcionario/a interino/a, un/unha Psicólogo/a Clínico/a para a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello do Grove, polo que se abre un novo prazo de inscrición.

Os/as aspirantes que presentaron a súa inscrición na primeira convocatoria non terán que volver a inscribirse. As bases estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na sede electrónica do Concello do Grove (https://concellodogrove.sedelectronica.gal/info.0).

O período de presentación de instancias será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.