Ir o contido principal

BOPPO Nº 34_CONCELLO DE MORAÑA_CONVOCATORIA PARA A COBERTURA MEDIANTE OPOSICIÓN LIBRE DE UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

BASES DA CONVOCATORIA PARA A COBERTURA MEDIANTE OPOSICIÓN LIBRE DE UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL NO CONCELLO DE MORAÑA (OEP 2021)

É obxecto da presente convocatoria a cobertura en propiedade por funcionario de carreira, mediante o sistema de oposición libre, de UNHA (1) praza de ADMINISTRATIVO, pertencente á Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa, encadrada no Grupo de Titulación C, Subgrupo C1 e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza, e incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2021.

Presentación de solicitudes

 As instancias solicitando tomar parte do proceso selectivo, dirixiranse o Alcalde–Presidente do Concello de Moraña e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Moraña de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través da sede electrónica https://morana.sedelectronica. gal, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Aqueles aspirantes que presenten en rexistro distinto ao do Concello de Moraña deberán enviar copia da solicitude debidamente rexistrada por fax ao número 986553442 ou por correo electrónico a concello@morana.org.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOGA)

SE ESTÁS INTERESADA OU INTERESADO EN PARTICIPAR EN ESTE PROCESO SELECTIVO, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA