Ir o contido principal

BOPPO Nº 32_CONCELLO DE PONTEAREAS_BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO ELABORACIÓN LISTAXE RESERVA NOMEAMENTOS FUNCIONARIOS INTERINOS E CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS NA CATEGORÍA DE TÉCNICO/A EN EDUCACIÓN INFANTIL

APROBACIÓN BASES ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA PARA A ELABORACIÓN DE LISTAS DE RESERVA PARA NOMEAMENTOS COMO FUNCIONARIO INTERINO OU CONTRATACIÓNS DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL NA CATEGORÍA DE TÉCNICO EN EDUCACIÓN INFANTIL.

Con data 27 de decembro de 2021 aprobáronse mediante Decreto nº 2021-2868, as Bases Específicas Reguladoras do Proceso Selectivo para a confección dunha listaxe de reserva para nomeamentos como funcionario interino ou contratacións de persoal laboral para a categoría de Técnico/a de Educación Infantil, así como a aprobación da convocatoria para a presentación de instancias no prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial a Provincia.

As bases publicaranse íntegras no taboleiro electrónico do Concello de Ponteareas e na páxina web www.ponteareas.gal, apartado de Oferta de Emprego Público.