Ir o contido principal

BOPPO Nº 28_CONCELLO DE A GUARDA - CONVOCATORIA E BASES DUNHA PRAZA DE TRABALLADORA/DOR SOCIAL NO CONCELLO

ANUNCIO DE CONVOCATORIA PRAZA TRABALLADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DA GUARDA

Por Resolución da Alcaldía núm. 2022-0053 de data 24 de xaneiro de 2022, se aproban as bases e a convocatoria do proceso de selección dunha praza de TRABALLADOR/A SOCIAL do Concello da Guarda, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte ( 20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do último anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia ou no BOE. As bases íntegras se publicarán no Boletín Oficial da Provincia, e na sede electrónica do Concello da Guarda www.aguarda.sedelectronica.gal.

BASES DE SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL DO CONCELLO DA GUARDA

Modalidade de contratación: contrato laboral fixo.

Número de horas: 37,5 horas semanais, de luns a venres.

Tipo de xornada: xornada completa. Retribucións: as retribucións serán as correspondentes que teña asignado o posto de traballo na Relación de Postos de Traballo ( RPT) ou no documento organizativo similar do que se dispoña ( cadro de persoal ou equivalente).

Categoría/ grupo/ subgrupo: (aos efectos de trienios) Grupo: A; Subgrupo: A2; Escala: Administración Especial; Subescala: técnica Clase: técnico medio.

SISTEMA DE SELECCIÓN. O sistema selectivo será o de concurso-oposición libre.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NAS LIGAZÓNS QUE SE XUNTAN