Ir o contido principal

BOPPO Nº 26_CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA - BASES E CONVOCATORIA PARA A COBERTURA DE 6 PRAZAS DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL

BOPPO Nº 26_CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA publica,

?CONVOCATORIA E BASES PARA A COBERTURA COMO FUNCIONARIOS DE CARREIRA DE 6 PRAZAS DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL.

BASES ESPECÍFICAS QUE REGULAN O PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR SEIS PRAZAS DE FUNCIONARIOS/AS DE CARREIRA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DA ADMINISTRACIÓN XERAL.

- Obxecto.

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante funcionario/a de carreira, de 6 prazas vacantes de auxiliar administrativo de administración xeral (subescala auxiliar da escala de administración xeral, subgrupo profesional C2) previstas na Plantilla de persoal e vencelladas a postos na relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Vilagarcía de Arousa, así como contempladas na oferta de emprego público do ano 2019 (3 prazas) e oferta de emprego público do ano 2020 (3 prazas).

✍As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo ANEXO I e adxunto ao modelo1001 (dispoñible na sede electrónica), a través da sede

electrónica sede.vilagarcia.gal ou no rexistro xeral do Concello, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOE.