BOPPO Nº 25_CONCELLO DE TUI publica
?PROCESO DE SELECCIÓN PARA A FORMACIÓN DE LISTAXE DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ADMINISTRATIVO, ENCADRADA NO GRUPO C, SUBGRUPO C-1 PARA O CONCELLO DE TUI.
Con data 29 de xaneiro de 2021, aprobáronse, por Resolución da Concellería delegada de Persoal, a convocatoria e Bases de selección para a formación dunha listaxe de reserva para a provisión interina de prazas de administrativo da escala de administración xeral, encadrada no grupo C, subgrupo C-1.
✍As instancias polas que se solicita formar parte en cada proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra.
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal ) e na súa páxina web, www.tui.gal.


