Ir o contido principal

BOPPO Nº 25_CONCELLO DE REDONDELA - BASES ESPECÍFICAS PROCESOS DE SELECCIÓN OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2017-2019

BOPPO Nº 25_CONCELLO DE REDONDELA publica

?BASES ESPECÍFICAS DOS PROCESOS SELECTIVOS INCLUÍDOS NAS OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DOS ANOS 2017-2019

MODIFICACIÓN DAS BASES XERAIS E BASES ESPECÍFICAS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL NO CONCELLO DE REDONDELA.

Aprobar as bases específicas dos procesos selectivos que se convocan para cubrir as seguintes prazas correspondentes ás Ofertas Públicas de Emprego dos anos 2017 e 2019:

PERSOAL FUNCIONARIO:

⭐️-2 prazas de ADMINISTRATIVO/A, encadradas na escala de Administración Xeral; Subescala Administrativa; Grupo C; Subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.

⭐️-1 praza de OFICIAL DE MEDIO AMBIENTE (FONTANEIRO/A), encadrada na escala da Administración Especial; Subescala Servizos Especiais; Clase Persoal de oficios; Categoría Oficial; Grupo C, subgrupo C2, por oposición libre.

⭐️-1 praza de OPERARIO/A DE OBRAS E SERVIZOS, equiparada a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (Disposición adicional 6.ª do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público); encadrada na escala da Administración Especial; Subescala Servizos

Especiais; Clase Persoal de oficios; Categoría Operario/a, por oposición libre.