Ir o contido principal

BOPPO Nº 250_CONCELLO DE REDONDELA - CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE TÉCNICOS/AS DE PROSPECCIÓN LABORAL

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE TÉCNICOS/AS DE PROSPECCIÓN LABORAL

A alcaldesa ditou a Resolución núm.: 2021-3094, con data de 22/12/2021, pola que aprobou a bases que rexerán a bolsa de traballo de carácter temporal de TÉCNICOS/AS DE PROSPECCIÓN LABORAL (Grupo A, Subgrupo A2), mediante concurso-oposición libre. As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no rexistro xeral, na sede electrónica ou páxina web do Concello de Redondela (www.redondela.gal) e será dirixida á Alcaldía, con independencia de que se admitirá calquera outro modelo no que consten os datos da persoa solicitante, DNI, domicilio, teléfono/s de contacto e correo electrónico.

A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral ou na sede electrónica do Concello de Redondela ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases publicaranse integramente na sede electrónica, na páxina web (www.redondela.gal, no apartado de emprego público, persoal laboral temporal) e no taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.