APROBACIÓN DAS BASES PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS/AS INTERINOS/AS DO GRUPO C, SUBGRUPO C2, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR ADMINISTRATIVO TEMPORAL, POLO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN LIBRE.
Faise público para xeral coñecemento que mediante acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Lalín, en sesión do 15 de febreiro de 2021, aprobáronse as bases para a creación dunha Bolsa de Emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo C, subgrupo C2, escala Administración Xeral, subescala Auxiliar Administrativo, polo procedemento de oposición libre.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin. sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello de Lalín, e na web municipal (www. lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.


