Ir o contido principal

BOPPO Nº 241_CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA_BOLSA DE TRABALLO_PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO_ASISTENTE SOCIAL

O concello de VILANOVA DE AROUSA publica no BOPPO nº 241

BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR NOMEAMENTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO PARA O DESENVOLVEMENTO DO POSTO DE TRABALLO DE ASISTENTE SOCIAL PERTENCENTE

Á ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, CLASE DE TRABALLADORES/AS SOCIAIS.

Por Resolución da Alcaldía de data 24 de novembro de 2020 aprobáronse, previa audiencia dos delegados de persoal funcionario do concello, as Bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos de persoal funcionario interino para o desenvolvemento de postos de traballo de Asistente Social pertencente á Escala de Administración Especial, Subescala técnica, Clase de Traballadores/as Sociais, correspondendo a esta Alcaldía a súa convocatoria.

As ditas bases específicas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do concello de Vilanova de Arousa á que se accede co enderezo “sede.vilanovadearousa.gal”, dentro do apartado Oferta de Emprego Público.

A presentación de solicitudes, conforme ao modelo que figura no Anexo I das ditas Bases, poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Vilanova de Arousa a través de calquera das formas previstas nos apartados b), c) e d) do artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas durante o prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte da publicación do presente de convocatoria do proceso no BOP.