APERTURA DUN NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE ENXEÑEIROS/AS, CON CARÁCTER DE PERSOAL INTERINO
Con datas do 17/11/2021 e 03/12/2021, esta Alcaldía, en contestación aos recursos de reposición ás bases no proceso de referencia achegados por dous interesados, resolve a estimación parcial destes, polo que se procede á rectificación das bases e a apertura dun novo prazo de presentación de instancias para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de Enxeñeiros/as, con carácter de persoal interino, escala administración especial, subescala técnica e grupo A1 do Concello de Nigrán, e ordena a publicación das bases reguladoras do proceso selectivo, coa rectificación realizada no apartado f) do punto 2º destas.
As bases rectificadas da convocatoria estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e tamén se poderán consultar na Sede Electrónica do Concello de Nigrán (http://sede.nigran.org/).
O prazo para a presentación de novas solicitudes é de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra». Teranse en conta para o proceso selectivo as solicitudes xa presentadas en tempo e forma na anterior convocatoria.


