Ir o contido principal

BOPPO Nº 236_CONCELLO DE NIGRÁN - BASES E CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS–CATEGORÍA XEFE/A DE BRIGADA

BASES E CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS–CATEGORÍA XEFE/A DE BRIGADA

Por resolución da Alcaldía do Concello de Nigrán, do 17/11/2021, aprobouse unha nova convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo, de carácter temporal, de brigadas de prevención e extinción de incendios no Concello de Nigrán, na categoría de xefe/a de brigada, por ser declarado deserto en primeira convocatoria deste proceso, que se rexirá polas bases xa aprobadas por esta Alcaldía o 26/05/2021 e publicadas no BOPPO núm. 110 do 11/06/2021.

As bases da convocatoria estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e tamén se poderán consultar na Sede Electrónica do Concello (http://sede.nigran.org/).

O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días (10) hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra»