Ir o contido principal

BOPPO Nº 233_CONCELLO DE VIGO-XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO - CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADVO. NA XMU POR QUENDA LIBRE RESERVADA PARA DISCAPACITADOS PSIQUICOS

CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADVO. NA XMU POR QUENDA LIBRE RESERVADA PARA DISCAPACITADOS PSIQUICOS.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas, de conformidade co establecido no artigo 56 TREBEP, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes:

a)  Posuír unha discapacidade psíquica cun grao recoñecido que deberá ser igual ou superior ao 65%.

CARACTERÍSTICAS. Enmarcada no Grupo C, Subgrupo C2; escala, administración xeral; subescala, auxiliar. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao grupo e ao subgrupo e as complementarias propias do posto de traballo ao que resulten adscritas a praza que se convocan. Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

PUBLICIDADE DAS CONVOCATORIAS. As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia (con remisión ó BOP) e no Taboleiro de Edictos, así como na páxina web municipal www.vigo.org. O anuncio da convocatoria publicarase no Boletín Oficial do Estado.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. As instancias dirixiranse ao Sr. Presidente da Xerencia municipal de Urbanismo e presentaranse no Rexistro Xeral da Xerencia no prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A instancia conterá, polo menos,os datos persoais do/da solicitante, co seu enderezo e a denominación da praza convocada á que opta, achegando: •  Copia simple do DNI

•  Copia da titulación requirida nas presentes Bases.

•  Índice e copia da documentación acreditativa dos méritos alegados.

•  Xustificación do pagamento dos dereitos de exame.

•  Os aspirantes que desexen que se lles teña en conta a non obrigatoriedade da proba de galego deberan achegar a acreditación do nivel CELGA III, xunto coa solicitude de participación.

•  Copia do certificado de discapacidade psíquica dun grao igual ou superior ao 65%

•  Ditame técnico facultativo que acredite a discapacidade psíquica.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA,