Ir o contido principal

BOPPO Nº 228_CONCELLO DE MONDARIZ - BASES CONVOCATORIA CONCURSO OPOSICIÓN LIBRE_UN/UNHA DIRECTOR/A GARDERÍA MUNICIPAL; TRES TÉCNICO/A SUPERIOR DE EDUCACIÓN INFANTIL

BASES XERAIS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO DA GARDERÍA MUNICIPAL DE MONDARIZ BALNEARIO INCLUÍDO NO PROCESO DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL, POLO SISTEMA CONCURSO OPOSICIÓN LIBRE (OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2018 DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO).

É obxecto das presentes bases a regulación da convocatoria dos procesos selectivos seguintes: — Unha (1) praza de persoal laboral Director/a Gardería Municipal, tipo de xornada a tempo completo, asimilado á Escala de Administración Especial, Subescala servizos especiais, Clase cometidos especiais, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2018. — Tres (3) prazas de persoal laboral Técnico/a Superior de Educación Infantil da Gardería Municipal, tipo de xornada a tempo completo, asimilado á Escala de Administración Especial, Subescala servizos especiais, Clase cometidos especiais, subgrupo C1 incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2018.

As instancias solicitando participar no proceso selectivo, dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Mondariz Balneario. Presentaranse, debidamente cubertas, no Rexistro Xeral do Concello, no modelo oficial, que será facilitado no Concello de Mondariz Balneario, sito na R/ Constitución, 1 ou na páxina web www.mondarizbalneario.es, achegando a documentación solicitada, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE); ou por calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nos supostos previstos nos apartados b), c) d) e e) do artigo 16.4, as persoas aspirantes deberán comunicalo ao Concello mediante telegrama ou telefax (986 66 20 61) ou no correo electrónico “concello@mondarizbalneario.es”, remitindo copia completa da solicitude rexistrada, durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Para máis información preme na ligazón