Ir o contido principal

BOPPO Nº 221_DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO UNHA PARA O SERVIZO ORAL E OUTRA CON DESTINO AO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE

CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO UNHA PARA O SERVIZO ORAL E OUTRA CON DESTINO AO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE

Obxecto da convocatoria

1. Esta convocatoria ten por obxecto constituír unha bolsa de emprego para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais de diverso persoal cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

1. No caso de nomeamentos interinos:

•  Existencia de postos vacantes, con dotación orzamentaria, cando non sexa posible a súa cobertura por persoal funcionario de carreira.

•  Substitución transitoria das persoas titulares dos postos, nos casos de redución de xornada ou permisos a tempo parcial, incapacidade temporal, excedencia voluntaria para coidado de fillas/os, ou servizos especiais

•  Execución de programas de carácter temporal e de duración determinada que non respondan a necesidades permanentes da Administración pública

•  Exceso ou acumulación de tarefas, de carácter excepcional e circunstancial, polo prazo fixado na lexislación vixente

2. No caso de contratacións laborais temporais:

•  Cubrir interinamente postos de traballo vacantes en tanto non se desenvolve o correspondente proceso selectivo

•  Necesidades do servizo, por incremento temporal e excepcional da carga de traballo, co fin de garantir o seu adecuado funcionamento

•  Incapacidade temporal para cubrir baixas por enfermidade

•  Permiso por maternidade ou paternidade

•  Uso do período de vacacións ou do permiso por asuntos propios

O prazo para presentar as solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

 

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN