Ir o contido principal

BOPPO Nº 217_CONCELLO DE MEAÑO - CONVOCATORIA FORMACIÓN BOLSA DE EMPREGO DE MONITOR DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO.

Aprobadas por Resolución da Alcaldía, de data 3 de setembro de 2021 as Bases de selección para a formación de dúas bolsas de emprego para a contratación de persoal para realizar con carácter temporal de Monitor de Actividades Deportivas, para a impartición de actividades físico deportivas e unha subsanada a base terceira das mesmas, mediante Resolución da Alcaldía de data 4 de novembro de 2021, formulase anuncio de convocatoria de proceso selectivo:

Bolsa de emprego de Monitor de Actividades Deportivas.

Sistema de selección: Concurso-Oposición, segundo se establece nas bases reguladoras de cada convocatoria.

Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases e modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados na páxina web e nas oficinas municipais do Concello de Meaño, das que se facilitará copia a quen a solicite.