Ir o contido principal

BOPPO Nº 215_CONCELLO DE MOAÑA - CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA PROFESOR DE TROMBÓN

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA PROFESOR DE TROMBÓN PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MOAÑA

Na Resolución de Alcaldía 2021-0981 do 29.10.2021, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para confeccionar unha listaxe de contratación dun profesor da especialidade de trombón para a Escola Municipal de Música de Moaña mediante o sistema de concurso–oposición libre.

O período de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://concellodemoana.sedelectronica.gal).