Ir o contido principal

BOPPO Nº 214_CONCELLO DE REDONDELA - CONVOCATORIA BOLSA DE TRABALLO MESTRE/A LINGUAXE MUSICAL

?O concello de REDONDELA publica o ANUNCIO DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE MESTRE/A DE LINGUAXE MUSICAL NO CONCELLO DE REDONDELA.

A alcaldesa ditou a resolución núm.: 2020-2572, con data de 29/10/2020, pola que aprobou a bases que rexerán a bolsa de traballo de Mestre/a de Linguaxe Musical para o Conservatorio e Escola de Música de Redondela (Persoal Laboral temporal, a tempo parcial) mediante concursooposición libre.

?As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no rexistro xeral do concello, na sede electrónica ou páxina web do concello (www.redondela.gal) e será dirixida á Alcaldía, con independencia de que se admitirá calquera outro modelo no que consten os datos a persoa solicitante, DNI, domicilio, teléfono/s de contacto e correo electrónico.

?O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

?As bases publicaranse integramente na sede electrónica, na páxina web (www.redondela.gal, no apartado de emprego público, persoal laboral temporal) e no taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.