Ir o contido principal

BOPPO Nº 210_CONCELLO DE AS NEVES - CONVOCATORIA E BASES PROCESO SELECTIVO PRAZA DE OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES PREVISTA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE AS NEVES DE 2018

CONVOCATORIA E BASES PROCESO SELECTIVO PRAZA DE OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES PREVISTA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE AS NEVES DE 2018

As presentes bases xerais regulan o sistema selectivo de concurso-oposición por quenda de promoción interna, de unha (1) praza de persoal laboral fixo vacante na Relación de Postos de Traballo deste concello e incluída na Oferta de Emprego Público para o exercicio de 2018.

Aprobadas por Resolución de Alcaldía número 2021-0325, de 18 de outubro de 2021, as bases e a convocatoria para a selección, dun Oficial de Servizos Múltiples, en réxime de persoal laboral fixo, prevista na Oferta de Emprego Público 2018, por promoción interna, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, unha vez publicado o texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e do extracto no DOG.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA