Ir o contido principal

BOPPO Nº 205_CONCELLO DE O ROSAL - CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE TRABALLADOR/A SOCIAL.

ANUNCIO DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE TRABALLADOR/A SOCIAL

Por Resolución de Alcaldía, Decreto núm. 2021-0837 de data 13 de outubro de 2021, resolveuse a aprobación das bases reguladoras e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo de Traballador/a Social, mediante o sistema de concurso-oposición.

As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia, cuxo modelo se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e se atopará habilitado como trámite na Sede Electrónica (https://orosal.sedelectronica.es), xunto ca documentación esixible de acordo cas Bases reguladoras do proceso selectivo.

A presentación de solicitudes realizarase, preferentemente, a través da Sede Electrónica do Concello, a través do trámite habilitado ao efecto, de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases publicaranse íntegramente no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de O Rosal (https://orosal.sedelectronica.es), e na páxina web municipal (https://portal. concellodorosal.es/).