CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO
Aprobada mediante Resolución da Alcaldía, de data 3 de setembro de 2021 as Bases de selección para a formación de bolsa de emprego para realizar con carácter temporal as funcións de Fisioterapeuta, como persoal laboral temporal do Concello de Meaño.
Categoria: Fisioterapeuta, para a impartición de ximnasia terapéutica. Sistema de selección: Concurso-Oposición, segundo se establece nas bases reguladoras.
Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases e modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados na páxina web e nas oficinas municipais do Concello de Meaño, das que se facilitará copia a quen a solicite.


