Ir o contido principal

BOPPO Nº 1_DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - VARIOS PROCESOS SELECTIVOS ANOS 2017-2018

BOPPO Nº 1 de 2021:

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2017 E 2018.

— Unha praza de TÉCNICO/A de MANTEMENTO, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, clasificada no grupo A2, polo sistema de oposición libre

— Unha praza de técnica/o especialista en ARQUIVO E BIBLIOTECA, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre.

— Unha praza de técnica/o INFORMÁTICO/A GIS, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre

— Unha praza de encargado/a COORDINADOR/A DE BRIGADAS, encadrada na escala de Administración especial, servizos especiais, clase persoal de oficios, subclase encargados/as, integrada no grupo C2, por sistema de oposición libre

— Dúas prazas de CONDUCTOR/A MAQUINISTA, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, subclase oficiais, integradas no grupo C2, polo sistema de oposición libre

— Unha praza de OFICIAL/A DE MANTEMENTO, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, subclase oficiais, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre

— Dúas prazas de SUBALTERNO/A, encadradas na escala de Administración xeral, subescala subalterna, integradas no grupo E, polo sistema de oposición libre.

RESERVADAS a persoas con discapacidade intelectual

— Unha praza de axudanta/e de control e VIXILANCIA, encadrada na escala de Administración especial, servicios especiais, clase persoal de oficios, subclase axudantas/es, integrada no grupo E, polo sistema de oposición libre

— Un posto de traballo de técnica/o INFORMÁTICO/A de NN. TT., clasificado como persoal laboral fixo, grupo C1, polo sistema de oposición libre.

✍O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).