Ir o contido principal

BOPPO Nº 199_CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS E POSTOS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL FIXO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS E POSTOS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL FIXO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA:

Número e características das prazas convocadas O número de prazas vacantes, a súa denominación e as características relaciónanse a continuación:

1.—Dúas prazas de vixilante/a de infraestruturas, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición promoción interna horizontal (ofertadas no ano 2020).

2.—Tres prazas de Encargado/a camiñeiro/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición promoción interna (ofertadas no ano 2018).

3.—Unha praza de recepcionista de mostras, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición promoción interna horizontal (ofertada no ano 2020

 4.—Unha praza de oficial/a de servizos xerais, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición promoción interna horizontal (ofertada no ano 2020)

5.—Catro postos de traballo de axudantes/as de gabinete didáctico, clasificados no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición promoción interna (ofertadas no ano 2021)

6.—Dous postos de traballo de técnicos/as auxiliares de Biblioteca, clasificados no grupo C1 polo sistema de concurso-oposición promoción interna (ofertadas no ano 2021)

7.—Unha praza de arquitecto/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2018).

8.—Unha praza de técnico/a de Deportes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

9.—Unha praza de técnico/a auxiliar documentalista audiovisual, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

10.—Dúas prazas de delineante, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertadas no ano 2019).

11.—Unha praza de condutor/a operador/a de maquinaria agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

12.—Tres postos de traballo de auxiliar de atención ao público do Museo, clasificados no grupo C2, por oposición libre (ofertadas no ano 2021).

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).