CONVOCATORIA E BASES PARA A SELECCIÓN, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DUN/DUNHA (1) PROFESOR/A DE VIOLONCELLO PARA O CONSERVATORIO DE MÚSICA
Faise público para xeral coñecemento que mediante acordo da Comisión Executiva do Padroado Cultural de Lalín, en sesión do 9 de setembro de 2021, aprobáronse as bases para a selección, como persoal laboral temporal, dun/dunha (1) profesor/a de violoncello para o Conservatorio de Música do Padroado Cultural de Lalín, polo procedemento de concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello de Lalín, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.


