BASES E CONVOCATORIA DE BOLSA DE EMPREGO PARA NOMEAMENTOS INTERINOS DE TÉCNICOS/AS MEDIOS/AS EN RELACIÓNS LABORAIS:
BASES REITORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO DE TÉCNICO MEDIO EN RELACIÓNS LABORAIS, SUBGRUPO A2 DE TITULACIÓN, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, QUE PERMITA O NOMEAMENTO DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO NAS MODALIDADES PREVISTAS NO ARTIGO 10 DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 5/2015, DO 30 DE OUTUBRO, DO TREBEP
-SISTEMA DE SELECCIÓN O sistema de selección na presente convocatoria será o de concurso, segundo o establecido nos criterios de xestión de listas de reserva (acordo da XGL de 16/07/2021) consistindo valoración de méritos segundo a natureza e funcións propias e inherentes a Técnico Medio de Relacións Laborais, subgrupo A2 de titulación, a desenvolver no suposto dos nomeamentos subseguintes, dacordo coas bases específicas.
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DE PARTICIPACIÓN As solicitudes dirixiranse á Excma. Alcaldía-Presidencia do Concello de Vigo, debendo presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia deberá achegarse únicamente a documentación específicamente referida na Base II anterior (“Condicións dos aspirantes e acreditación documental”) así como a xustificación documental dos méritos aportados. Igualmente, resulta procedente a presentación nas demais formas que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para ampliar esta información, PREME NA LIGAZÓN


