Ir o contido principal

BOPPO Nº 185_CONCELLO DE BUEU - CONVOCATORIA COBERTURA DUNHA VACANTE DE ARQUITECTA/O TÉCNICA/O SUPERIOR EN RÉXIME DE INTERINIDADE

CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA COBERTURA DUNHA VACANTE DE ARQUITECTO SUPERIOR EN RÉXIME DE INTERINIDADE.

Sistema de selección. En aplicación do disposto na normativa sinalada na base primeira, o sistema de selección será o de CONCURSO- OPOSICIÓN libre porque é o máis adecuado para seleccionar ao profesional máis cualificado para o desempeño do posto, tanto no que se refire á experiencia en postos de similar contido, na Administración Pública, como á súa formación académica e profesional, relacionada coas funcións para desempeñar dende o inicio das mesmas no Concello.

Lugar e prazo de presentación

a) Presentación electrónica preferente. A solicitude de participación no procedemento selectivo realizarase, de forma preferente, por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do concello de Bueu. Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica do concello de Bueu admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

b) Presentación presencial opcional

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario oficial de Galicia (DOG). O anuncio da convocatoria deberá conter a data e número do BOP de Pontevedra na que se houberan publicado a convocatoria e as bases do procedemento selectivo.

Para ampliar esta información, PREME NA LIGAZÓN