Ir o contido principal

BOPPO Nº 185_CONCELLO DE ARBO - BASES E CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO SOCIO-CULTURAL

BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, NA MODALIDADE DE INTERINIDADE POR VACANTE, DUNHA (1) PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO SOCIO-CULTURAL.

Obxecto da convocatoria As presentes bases xerais rexerán a convocatoria das probas selectivas para cubrir as prazas vacantes de persoal laboral fixo ou laboral temporal que se convoquen, rexéndose ademais polas bases específicas que para cada convocatoria se aproben.

Solicitudes 1) As persoas que desexen participar nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao Sr. Alcalde. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación do posto convocado ao que opta. No rexistro xeral do Concello facilitaráselles aos interesados o modelo de solicitude, incluído no anexo I desta convocatoria. Ademais, achegarase unha fotocopia do documento nacional de identidade (ou doutra tarxeta acreditativa da súa identidade expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios), e fotocopia da titulación esixida.

2) O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partires do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE) mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Para ampliar esta información, PREME NA LIGAZÓN