CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE UN/HA PROFESOR/A DE GUITARRA PARA O CONSERVATORIO MUNICIPAL (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)
Mediante resolución de Alcaldía nº 2022-1364 de data 16.09.2022, aprobáronse as Bases
para a contratación de un profesor/a de Guitarra para o conservatorio municipal (Persoal Laboral Temporal), polo procedemento de oposición libre.
O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello (Praza da Constución nº1, 36680 A Estrada), ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello da Estrada https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, será de 10 días naturais, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO. As Bases do proceso selectivo
publicaranse no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica , na web municipal e no Portal
de Transparencia.