Ir o contido principal

BOPPO Nº 181_XERENCIA MUNICIPAL DE URIBANISMO DO CONCELLO DE VIGO - CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO BOLSA DE EMPREGO AUXILIARES ADMINISTRATIVOS

XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DO CONCELLO DE VIGO

CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS, PARA O SEU NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIOS INTERINOS NA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DO CONCELLO DE VIGO

As solicitudes dirixiranse á Presidencia da Xerencia Municipal de urbanismo do Concello de Vigo e presentaranse ben telemáticamente a través do Rexistro Electrónico xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, https://sede.vigo.org/expedientes/usuarios/login.jsp?lang=gal , ben presencialmente no Rexistro da Xerencia, ou ben mediante calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, 1 de outubro, no prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ó de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Anuncio, que será publicado igualmente xunto coas bases desta convocatoria na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), e no Taboleiro de Edictos da páxina web municipal: https://sede.vigo.org/expedientes/oposicions/ofertas.jsp?lang=gal.

Os sucesivos anuncios derivados do desenvolvemento da convocatoria publicaranse na páxina web municipal https://sede.vigo.org/expedientes/oposicions/ofertas.jsp?lang=gal

Para ampliar esta información, PREME na ligazón