Ir o contido principal

BOPPO Nº 171_CONCELLO MONDARIZ-BALNEARIO - BASES E CONVOCATORIA PROCESO SELECCIÓN UNHA PRAZA DE ARQUITÉCTA/O TÉCNICA/O E UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL (CONCURSO-OPOSICIÓN)

BASES E CONVOCATORIA PARA CUBRIR POR PERSOAL FUNCIONARIO UNHA (1) PRAZA DE ARQUITECTA/A TÉCNICA/O E UNHA (1) PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL, MEDIANTE SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN

As instancias solicitando participar no proceso selectivo, dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Mondariz Balneario. Presentaranse debidamente cubertas, no Rexistro Xeral do Concello, no modelo oficial, que será facilitado no Concello de Mondariz Balneario, sito na R/ Constitución, 1 ou na páxina web www.mondarizbalneario.es, achegando a documentación solicitada, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE); ou por calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nos supostos previstos nos apartados b), c) d) e e) do artigo 16.4, as persoas aspirantes deberán comunicalo ao Concello mediante telegrama ou telefax (986 66 20 61) ou no correo electrónico “concello@mondarizbalneario.es”, remitindo copia completa da solicitude rexistrada, durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Para ampliar esta información, PREME na ligazón