Ir o contido principal

BOPPO Nº 160_CONCELLO DE BAIONA - PROCESO SELECTIVO BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN INCENDIOS FORESTAIS

Por Resolución de Alcaldía núm. 2022-1411 de data 17/08/2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para a contratación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e a creación dunha bolsa de emprego, mediante contrato laboral temporal e, polo sistema de concurso-oposición.

Na sede electrónica http://baiona.sedelectronica.gal e, no Taboleiro de Anuncios do Concello aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación das prazas e a creación da bolsa de emprego.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste Concello http://baiona.sedelectronica.gal e, no Taboleiro de Anuncios, para maior difusión.