BOPPO Nº 156_CONCELLO DE O GROVE, publica:
CONVOCATORIA PARA UNHA PRAZA DE INFORMADOR TURÍSTICO
A modalidade de contratación será de laboral temporal con arranxo á subvención concedida pola Axencia Turismo de Galicia para a dotación de persoal para tarefas de información na Oficina de Turismo. O prazo de presentación de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello será de CINCO (5) DÍAS NATURAIS, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación este anuncio no BOPPO. Poden consultarse as bases na web www.concellodogrove.es ou no taboleiro de anuncios do Concello.


