Ir o contido principal

BOPPO Nº 152_CONCELLO DE BAIONA_PROCESO SELECTIVO BOLSA EMPREGO CONSERXES

Por Resolución de Alcaldía núm. 2022-1337 de data 01/08/2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para a contratación dun conserxe de Colexio e a creación dunha bolsa de emprego de conserxes, mediante contrato laboral de interinidade e, polo sistema de concurso-oposición.

Na sede electrónica http://baiona.sedelectronica.gal e, no Taboleiro de Anuncios do Concello aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza e a creación da bolsa de emprego.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste Concello http://baiona.sedelectronica.gal e, no Taboleiro de Anuncios, para maior difusión.